Thursday 02 de May de 2024

O Concello destina 87.000 euros para pavimentar varios camiños nas parroquias das Neves, Freires e Insua


• Este proxecto cofinánciase a través da subvención de Agader para a pavimentación de pistas que dan acceso a parcelas agrícolas.

O Concello de Ortigueira aprobou un proxecto valorado en 87.818,16 euros para pavimentar varios camiños das parroquias das Neves, Freires e Insua.

Este proxecto cofinanciarase a través da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a pavimentación de pistas que dan acceso a parcelas agrícolas.

Os traballos para levar a cabo inclúen o aglomerado en quente do camiño de acceso a Portoseco, o que dá acceso a Salgueirón, o que vai desde A Igrexa a Ameixeiras e Veiga a DP-4906 e, por último, desde a DP-4906 a Silvao.